DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Despois do patio, os pequechos de 3, 4 e 5 nos reunimos co resto de nenos e nenas de primaria para escoitar o recital de poesía que algunhas clases tiñan preparado.
Os nenos e nenas da clase de 4 anos coloreamos a cara de Rosalía de Castro con lápices acuarelables, sabedes como o fixemos? Pois primeiro pintamos con uns lápices de cores especiais e logo con un pincel mollado en auga convertimos esas cores en acuarelas.

Aquí vos deixo un vídeo con un dos poemas máis coñecidos de Rosalía feito canción por Amancio Prada.