ESCRIBIMOS

O proceso de aprendizaxe da lectoescritura comenza dende que os nenos entran na escola. Están rodeados de palabras, de cousas que teñen un nome, de contos cheos de letras...
Despois de traballar o curso pasado sobre o nome propio e intentar recoñecer o dos compañeiros damos o salto para escribir de xeito autónomo todas as cousas que se nos ocorren.
Todos os días practicamos  escribindo a data que "copiamos" do encerado. Mirade que ben o facemos. Cada un ten o seu propio estilo. Non os corrixo, senón que deixo que libremente fagan "cada un como saiba" coa intención de que pouco a pouco vaian normalizando o xeito de escribir dacordo as normas. Tamén empregamos xogos nos que os nenos deben copiar sobre un modelo e actividades de "investigadores na procura de palabras".
Recordade que aínda é cedo e que o interesante é que eles estean motivados e se lancen a escribir de xeito espontáneo.











CUMPLE DE SARA

Hoxe celebramos o cumple da nosa compañeira Sara. Fixemos unha pequena festa e pasámolo pipa!
http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d25845201k9772262o1l1/cumple-sara-e

HABÍA UNA VEZ UN CIRCO

Hoxe decidimos entre todos que esta é unha canción moi alegre. Así que.... a bailar!

ALEGRÍA

Seguimos traballando coas emocións. Comenzamos con unha que recoñecemos con bastante facilidade: ALEGRÍA.

Despois de pensar en que cousas nos producían alegría decidimos plasmalo nun mural.


Saúdos!

MERENDAS

Recordamos ás familias que houbo cambios no calendario de merendas con respecto ó ano pasado. Aquí vos deixo o novo calendario.