Mirade a Martiño que contento!
Trouxo un tambor coas súas baquetas. Tocou  e tocou, pero tamén nos deixou tocar un pouquiño a todos.  Foi moi divertido.
Tamén nos ensinou e nos prestou os seus coches preferidos.  Ten un montón!!

Carmen nos presentou a Teo.  Un coelliño brandiño e suave que durme con ela todas as noites. E sabedes o que lle gusta comer a Teo? Espaguetis con tomate!!!

Sara nos presentou a Baner, un gatiño súper especial que a acompaña todas as noites.  Vive na súa habitación,  come leite nunha taza e fai pis e caca no váter.  Que simpático este Baner!

Esta é Pepa, unha ra moi especial que vive na casa de Naza e durme con ela! Sabe un montón de cousas... e canta un monntón de cancións. A que máis lle gusta a Naza é unha nana que a axuda a durmir.
Tamén trouxo un montón de fotos para contarnos as cousas que máis lle gusta facer.



Noa viu ó cole acompañada de Bob Esponja e Patricio. Contounos que foron un regalo da "abuela Mari" e que non se separa deles. Tamén nos leu un conto que preparou na casa sobre estes dous personaxes. Foi moi divertido!!!


Mauro nos contou unha historia chulísima. Mauro e o seu papá atoparon un niño con ovos de mirlo. Que divertido!
Tamén nos ensinou un can,  un oso,  un coello e dous ponis súper chulos.  Encantounos!!!

Por fin celebramos a chegada da PRIMAVERA. E o celebramos facendo unha coroa de flores, mirade que guapísimos estabamos todos. 


E para que non deixemos de bailar vos deixamos a canción da primavera que nos encanta! 





E chegou Mario con unha bolsa enooorme... Todos nos preguntábamos que sería. 
Pouco a pouco foi saíndo da bolsa un gusano xigante! Mirade se era grande que ata fixemos un dragón chino con el. Mario contounos que Gusano,  que así se chama,  vive na habitación dos xoguetes e que come macarróns, que sirve para acaricialo e que son moi amigos.

Pedro contounos que o que máis lle gusta é o fútbol. Sabe moitísimas cousas sobre este deporte. O seu equipo preferido é o Celta de Vigo e o vai ver xogar ó campo de Balaídos cos seus avós. Ten un silbato como o dos árbitros e ata nos pitou algunhas faltas!

Asier nos presentou a Epi que é un amigo seu que xoga ó fútbol no equipo de Tirán. Gustounos tanto o seu nariz colorado que saímos todos co nariz pintado!
Tamén nos ensinou dous dos seus coches preferidos.


Pablo chegou cargado de cousas, todas da súa amiga Peppa Pig. Dous peluches, varios contos, unha tablet e ata as botas para saltar charcos! Contounos unha chea de cousas interesantes e o fixo moi moi ben.


Hoxe Enzo nos presentou a Valeria, unha boneca preciosa que lle regalou a súa madriña cando era un bebé. Dende ese momento sempre durmen xuntos acompañados dunha mantiña azul que tamén foi regalo da madriña.


Mirade que abrazo tan agarimoso!
Abel nos presenta a Pou,
Nos contou un montón de cousas sobre el como, por exemplo, que durme con el na súa cama e que lle encanta comer espagueti e arroz.
Estivemos todos moi atentos... a ver a quen lle toca a próxima vez!