MASAS SENSORIAIS II: BLANDIBLÚ

Esta semana experimentamos con unha masa súper divertida e asquerosa....
Ó principio foi un tanto aburrida porque había que remexer con forza e estes ratiños  necesitaron un pouco de axuda, pero enseguida se fixo a maxia e logramos facer algo parecido a un moco xigante con unha textura moi especial. Esta masa ten diferentes nomes como slime, masa viscosa... pero nos preferimos chamarlle como lle chamaba a profe cando era pequena: BLANDIBLÚ.
Mirade que ben o pasamos.


MASAS II - Kizoa Movie Maker

INGREDIENTES:

Deterxente da roupa
Cola blanca
Colorante

PROCEDEMENTO:

1º Botamos nun recipiente unha taza de cola blanca.
2º Engadimos unha cucharada de deterxente e remexemos un pouco.
3º Botamos a cantidade que queiramos de colorante e reexemos con forza.
4º Amasamos e tachánnnn! A xogar durante horas.

CUMPLE DE SARA

Celebramos o Cumple de Sara González con unha festa estupenda.
Moitas felicidades Sara!

MASAS SENSORIAIS I

Comezamos a nosa andadura pola experimentación con diferentes masas sensoriais. A manipulación deste tipo de masas permite aos nenos e nenas mellorar a integración táctil e contribúe ó desenvolvemento da psicomotricidade fina e a percepción espacial. Manipulalas, olelas, e xogar con elas e coas súas texturas, son sensacións que os poñen en contacto con todo o que os rodea, educando deste xeito os seus sentidos. Pero o mellor de todo é.... que pringarse é súper divertido!!!
Así que todos os mércores serán o día da experimentación coas masas sensoriais, polo que debedes volver a traer os envases de plástico que vos pedín a semana pasada.
 A primeira masa que fixemos foi PLASTILINA. Unha masa doada de facer con ingredientes que seguramente teñades na casa se a queredes repetir.


NECESITAMOS:
-Crema suavizante do pelo
-Fariña de millo
-Colorante alimentario

 PROCEDEMENTO:
 1º Mezclamos a mesma cantidade de crema e de fariña. Na clase empregamos vasos de plástico para medir. Mezclamos sete vasos de crema e sete vasos de fariña (aínda que despois tivemos que engadirlle máis fariña).
 2º Removemos ben a mezcla. Non pode quedar nin demasiado pringosa (necesita máis fariña) nin demasiado seca (necesita máis suavizante).
 3º Amasamos.
 4º Engadimos o colorante e seguimos amasando. Recordade que hai que gardala nun recipiente hermético para que non se seque.

 Foi moi divertido. A ver que se nos ocurre para a próxima semana!!!

CUMPLE ASIER

Esta semana celebramos o cumpleanos do noso amigo Asier que xa ten 4 anos.
Comemos unha tarta riquísima, compartimos zumes e bailamos e xogamos un montón.
Pasámolo fenomenal!!!!