Hoxe, a primeira hora da mañá, recibimos outra entrañable visita. Esta vez os pequechos de 3 e 5 anos compartimos á avoa de Sara e Estela. Cantounos dúas cancións moi bonitas que ela cantaba cando xogaba no recreo coas súas compañeiras (Ambo Ato e A la una monta la luna).
Tróunoxos uns teléfonos que usaba para xogar cando pequena feitos de latas. Sorprendímonos moitísimo o comprobar que podiamos falar e escoitar por eles! Tamén nos contou o conto de Pulgarcito.






O pasamos xenial!!!!!
Moitas grazas por contarnos tantas cousas e xogar connosco, ben merecido tes o diploma de avoa valente!!


Hoxe os pequechos de tres estivemos coiñando coa avoa de Mauro.
Trouxo ovos, fariña, azucre, aceite, levadura e iogur de chocolate!  Logo precisamos da axuda de todos para bater, remexer e misturar e por fin..... TACHÁAAAN!








Moitas gracias Avoa! Estaba boísimo.


O xoves pasado comenzamos coa "Semana dos Avós". Con esta actividade pretendemos achegar unha vez máis a familia á escola da man deses personaxes que tanto nos queren e nos axudan: OS AVÓS E AVOAS.

A primeira visita foi a dos "abus" de Sabela e Antía, compañeiras da aula de catro anos.
Trouxeron un montón de cousas divertidas. Mirade, mirade...

Primeiro carreiras de sacos. Jijijij, foi fantástico!






Tamén xogamos o "cachibote" (aeguro que a algún papá e mamá lle sona). Trátase de darlle unha patada a un bote e mentres un vai a buscalo o resto corre a esconderse.




Logo intentamos facer correr o aro... Uf! Isto era moi moi difícil. E tamén fixemos bailar un diávolo.



E tamén xogamos ás bolas ou canicas e á comba.







 Grazas por todo "Abus"!