semana dos avós: a avoa de Enzo

A avoa de Enzo tamén quiso compartir con nós un ratiño. Viu ó cole e contounos un conto chulísimo que seguro que todos coñecedes: "Mamá, de qué color son los besos?"
Para os que non o coñezan aquí vos deixo un vídeo.


Tamén nos contou algunhas das cousas que lles gusta facer xuntos e  repartiu chocolatinas para todos. Moitas grazas avoa Rosi!



O martes nos xuntamos todos os pequechos de 3, 4 e 5 na biblioteca porque viu a visitarnos a bisavoa de Pablo.
Contounos un montón de cousas de como era a escola cando ela era unha nena. Cousas como que non había tablets, nin ordenadores, nin pizarras dixitais! E, non sabemos por que, os nenos e as nenas ían a clases diferentes. A que vos tampouco podedes entendelo?
Facían os seus propios xoguetes e escribían nunha pizarriña que levaban todos os días ó cole xunto co "silabario" que era un libro para aprender a ler.

























Tamén nos preparou un video con todas as cousas que nos contou. Podedes miralo aquí.





Moitas grazas avoa Petro!