CUMPLE MARTIÑO

Martiño celebrou o seu 4º aniversario con todos nós.
Parabéns Martiño!!!


CARTAS A PAPÁ NOEL E REIS MAGOS

Non podían faltar as cartas destes nenos a Papá Noel e ós Reis Magos. Aquí vos deixo as creacións coas aclaracións oportunas.



Asier pide uns coches de rally e Mauro quere un castelo.








Noa e Sara queren un vestido e un anel de Auroa.

Sara e Pedro queren un mantel xigante da Patrulla Canina. 



 Naza pedía unha princesa Aurora e Enzo unha ou varias excavadoras (non me quedou claro :))





Abel non tiña claro o que quería pedir, pero saludou de todos modos e Pablo decidiu pedirlle un Street Hot Wheels.



E Mario me dixo que Papá Noel xa entendía o
 que escribira ...

















Con todo isto a clase do Rato Tom quere desexarvos...

BICOS E BO NADAL A TODOS!



MEDO

Cando traballamos o cadro de EL Grito de Edvard Munch non tiñamos claro se o señor que aparece está asustado ou sorprendido. E como non nos poñíamos de acordo, decidimos que as dúas opcións eran válidas.
Traballamos que os medos podían ser irracionais e que non tiña sentido terlle medo ós monstros, zombis ou pantasmas xa que todas esas cousas só existen nos contos e na ficción.  Tamén comprobamos que os nosos pais  lle tiñan medo a ese tipo de cousas cando eran pequenos e que agora xa non llo teñen (grazas papis ;) ).
Para rematar quixemos facer a nosa propia versión sobre o cadro de Munch poñendo a nosa maior cara de susto!
Mirade, mirade...












Jajajaja, me encnatan :)